O mozo mencionado nas primeiras horas de detención foi golpeado, torturado, insultado e vexado polos Mozos de Escuadra. Os mesmos policías dicían que eles “ían terminar o traballo que empezara Pinochet”.
Juan Daniel Pintos Garrido, un mozo arxentino-galego acusado en Barcelona de atentado á autoridade e detido desde fai un ano, denuncia ser torturado por tres oficiais da Garda Civil.
Garrido foi detido o 4 de febreiro de 2006, no barrio da Ribeira, en Barcelona, acusado de atentado á autoridade e lesións graves, logo de que un axente resultase ferido nun forcexeo entre a Garda autonomica e uns mozos que participaban dunha festa nun teatro ocupado.
Xunto con Pintos Garrido foron detidos catro españois, un portugués, unha alemá e dúas chilenos. Os seis europeos foron desprovistos dos seus pasaportes, para que non puidesen escapar, pero están actualmente en liberdade até a ceelbración do xuízo. Con todo, o mozo arxentino-galego, do mesmo xeito que os chilenos Alex Cisternas e Rodrigo Lanza, seguen detidos no Centro de Detención de Mozas da Trinidad, porque a xuíza considerou que o feito de nacer nun país non europeo era condición suficiente para declarar a falta de arraigo.
"A xuíza di que Juanchi é arxentino nacionalizado español cunha nai que facilitaría a súa fuga e por iso déixao preso. Este proceso está cheo de irregularidades", contou á prensa a nai de Juan, María Inés Garrido, instalada en Barcelona desde fins de xaneiro e que fai poucos días foi recibida en Madrid polo embaixador arxentino, Carlos Bettini e no día de hoxe pola Xunta de Galicia.
Denuncias de torturas.
María Inés oriunda de Trives (Ourense), asegura que o seu fillo sufriu torturas e maltratos no momento da detención, por parte de tres gardas autonomicos e que por iso o seu fillo presentou unha denuncia.
Pese a nacer na Arxentina, Juan ten cidadanía española pola súa nai. María Inés afirma que o seu fillo é discriminado constantemente no proceso porque a xuíza non o recoñece como español. "Juanchi ten dúas nacionalidades que, no canto de sumar, restan. A Arxentina non pode facer nada porque é español, pero a xuíza española di que se vai a escapar", explicou.
As entidades convocantes a esta rolda de prensa sinalan:
1.- Esiximos un xuízo onde existan garantías de imparcialidade.
2.- Solicitamos a posta en liberdade de Juan Daniel Pintos Garrido ata que se celebre o xuízo.
3.- Repudiamos e condeamos os actos de torturas cometidos pola policía catalá.
4.- Denunciamos a discriminación xudicial sufrida por este retornado galego-arxentino.
ROLDA DE PRENSA.
Dia: Martes 13 de febrero.
Hora: 12:00 horas.
Lugar: Local de Arxentinos no Exterior.R/ Doutor Carracido 27, baixo. Calvario
Convoca: Departamento de Migración da CIG, Federación Galega de Asociación de Inmigrantes “ Fillos do Mundo ”, Federación Galega de Asociación de Emigrantes Retornados, Movimento Argentino no exterior.
Estará Presente Maria Inés Garrido nai de Daniel Pintos acompañada por directivos de distintas asociacións de inmigrantes e retornados.
Movimiento Argentinos en el Exterior




No hay comentarios:
Publicar un comentario